Para facer a solicitude dende a APP “Sergas Móbil” teremos que tela instalada
Play Store – Android <> APP Store
Unha vez instalada seguiremos os seguintes pasos:
1.- Abrimos “Sergas Móbil“
2.-No menú escolleremos “Certificados COVID“
3.- A continuación escolleremos o tipo de identificación, que poderá ser “Seguridade Alta” , se temos Certificado Dixital e/ou CHAVE365 ou “Seguridade Media“
4.- Escollendo “Acceder con Seguridade Media” enviarannos un SMS ao móbil que teña o Sergas rexistrado, no momento en que pulsemos en “enviar código“.
5.- Se non teñen ningún móbil rexistrado aparecerá a seguinte mensaxe:
6.- Accederemos ao menú principal, situado na esquina superior esquerda
6.1.- Seleccionaremos o Paciente previamente rexistrado. Se non estamos rexistrados teremos que rexistrarnos.
Unha vez seleccionado, escollemos “Xestión de Pacientes“
7.- Seleccionamos o paciente desexado
8.- Apareceranos unha ventana cos datos do paciente:
9.- Pulsamos na icona do lápis para engadir o número de teléfono móbil onde queremos recibir as notificacións.
Para facer modificacións temos que acceder con seguridade alta (Certificado Dixital ou CHAVE365) tal como nolo notificarán coa seguinte xanela:
10.- Ao pulsar en “Acceder” redirixiránnos automáticamente á web de É-Saúde, tal como se amosa na seguinte imaxe:
Se non temos o Certificado Dixital teremos que teclear o noso NIF e o contrasinal CHAVE365
11.- Se o contrasinal é correcto xa poderemos editar os datos do noso número de móbil:
12.- Unha vez engadido o número de móbil pulsaremos en “Enviar“
13.- Temos que seleccionar o tipo de alertas que desexamos recibir. Sen non escollemos ningunha aparecerá a seguinte mensaxe:
14.- Automáticamente chegaranos un código de confirmación de 6 cifras, que teremos que validar para confirmar a solicitude.
(Dito código debería ser automáticamente leído pola APP, aínda que nos chegará tamén como mensaxe)
15.- Ao procesar dita validación xa poderemos recibir mensaxes SMS, tal como nos confirmarán:
Só temos que pulsar en “volver“
16.- Agora sí xa será posible ir á sección “Certificados COVID” (menú do que a imaxe aparece no punto 2) e ao pulsar en “Certificado Covid Dixital UE de vacinación” o certificado será automáticamente xerado.
17.- Xa é posible visualizar, compartir e/ou descargar o noso certificado